Vértice de versos
Vértice de Versos é unha longametraxe documental na que se repasa o acontecido desde os anos 90 no universo poético de Galicia.
É un proxecto audiovisual que presta atención ao valor didáctico que permite coñecer a principal fonte literaria galega.
É a primeira vez que un documental se adentra na poesía galega, descubrindo a súa historia, contando a revolución literaria dos 90 e coñecendo como están sendo as novas formas de expresión poética.
Unha nutrida xeración de poetas de Galicia chaman a atención pola calidade das súas creacións. Moitos dos seus poemas traspasan as nosas fronteiras traducidos a outras linguas. Críticos, editores e o propio colectivo de escritores e escritoras explican o que pasou nos últimos 25 anos neste vértice xeográfico. Coñecer de preto a poetas como Yolanda Castaño, Baldo Ramos, Emma Pedreira ou Gonzalo Hermo axuda a comprender esta situación.
DVD apto para todos os públicos e especialmente recomendado para o fomento da igualdade.
Dúas versións:
- DVD coa versión orixinal do documental, de 65 minutos de duración (15 euros).
- DVD coa versión para o ensino, de 50 minutos de duración e con autorización ilimitada para proxección pública no contexto dunha aula (60 euros).
Onde conseguir esta proposta
Á venda en librarías e na páxina web do documental, sección Pedidos.