Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Axenda anual 2021 Rosalía Cantares
Difundir o artigo en Cabozo

Axenda anual 2021 Rosalía Cantares


Empresa
Categoría/s:
Ano
2020
Referencia
Axenda2021
Idade
De 15 a +18 anos
PVP rec.
21,90 €
Valoración
4 puntos


Axenda anual 2021 inspirada na frase de Rosalía de Castro: “Cantarte hei, Galicia, teus dulces cantares, que así mo pediron na beira do mare”. Rosalía é poesía, morriña, emoción. E a súa axenda leva unha páxina por día e moitas sorpresas no interior!

Tiveches algunha vez unha axenda con toda unha páxina para os teus soños? Esta tena. E vén con tapa dura. Con peche con goma. Con marcapáxinas que inclúe unha biografía da persoeira. Con ferramentas para tomar decisións, xestionar enfados, frases motivadoras de grandes mulleres, recomendacións de cine e libros… Con cada mes dedicado a un dos valores que definen a loita pola igualdade: educación, amor, traballo...


Medidas: 17 x 21,5cm. Deseñada e fabricada en Galiza.



Onde conseguir esta proposta

Venda en liña na páxina web da empresa.

Máis información en: info@animosa.es



Galería