Ata que o lume se apague
Ata que o lume se apague é un álbum composto por 13 temas gravado a camiño entre Galiza e Euskadi. Os NAO regresaron a Andoain, aos estudios Garate coma no seu disco debut, e xunto co primeiro productor da banda, Kaki Arkarazo, deron forma a dous dos cortes máis especiais deste disco: unha versión da canción "Txoria Txori" do cantautor eúscaro Mikel Laboa e tamén a derradeira canción que fechará o derradeiro disco.
Os once temas restantes (gravados en Ames co produtor dos anteriores traballos) innovan dentro do seu característico son e recuperan a forza dos comezos do grupo mediante textos contundentes como "Franco Resurrección", "Mazo armado", "Alba de Groria" ou "Ata que o lume se apague".
Onde conseguir esta proposta
Á venda en tendas de discos e nos concertos do grupo.