A viñeta de Schrödinger
A viñeta de Schrödinger é unha revista trimestral de banda deseñada galega de 32 páxinas a toda cor, cun tamaño 17×24 cm e encadernada con lombo recto. Editada pola Mesa e a AS-PG, o número 1 saíu á venda no mes de xullo de 2018.
Dirixida por Kiko da Silva, contén historietas autoconclusivas de Miguelanxo Prado, Kohell, Miguel Porto, Aldara Joan Casaramona, Fonso Barreiro, Zaida Novoa, Miriam Iglesias, Pablo Prado, Fran Bueno, Miguel Rojo, Víctor Rivas, Antonio M. Fraga, Fernando Llor, Kiko da Silva e portada de Miguel Robledo. Ademais de entrevistas a autores/as nacionais e internacionais feitas por Roberto M. Sotomulo.
Prezo por exemplar: 5 €
Subscrición anual: 20 €
Os/as socios/as da Mesa teñen un desconto do 10% (4,50 / 18€).
Onde conseguir esta proposta
Á venda en librarías ou na tenda en liña da Mesa, onde tamén existe a posibilidade de se subscribir.