¿A que altura está o ceo?
Velaquí unha das preguntas que se leva formulando o ser humano desde os albores da súa existencia.
Este libro vainos dar a resposta. A esta cuestión... e a moitas outras. O físico e comunicador científico Jorge Mira realiza unha apaixonante viaxe no tempo. Comeza na época da Grecia clásica e chega ata os descubrimentos máis recentes sobre o universo.
Despois de ler estas páxinas poderemos responder a cuestións coma estas: ¿Por que vemos o ceo azul ou o Sol amarelo? ¿Como se puido saber a que altura están a Lúa, o Sol e os planetas? ¿Como é posible calcular o lonxe que está unha estrela ou unha galaxia? ¿Cal é a idade do universo? ¿E o seu tamaño? ¿Que quere dicir que o universo se expande? ¿E a que velocidade o fai? ¿É certo que foi un cura quen primeiro falou do Big Bang?
Escrito en colaboración con María Canosa e ilustrado por Dani Prado.
Onde conseguir esta proposta
Á venda en librarías ou na tenda en liña da editorial.