Nosoutras
Nosoutras
O presente volume recoller sete textos que María Victoria Moreno escribiu en diferentes etapas da súa traxectoria literaria e que comparten o feito de non estaren escritos pensando no público máis novo. Os relatos " O aguinaldo", " As follas feren xemendo", " Contra a noite" e " A casa das Marías" corresponden a unha etapa na que aínda non tomara a firme decisión de entregarse á lingua galega. Ao contrario do que acontece cos relatos "A gaiola", se cadra a súa primeira contribución á nosa literatura, e " Nocturno en tres tempos". Completa esta recompilación o texto "Nosoutras", que pola súa importancia lle dá título a este libro, e no que a autora reivindica a figura doutras catro mulleres que, canda a ela, traballan no labor de dignificación da literatura infantil e xuvenil en lingua galega: Helena Villar Janeiro, Ana María Fernández, Úrsula Heinze e Palmira G. Boullosa.