Fóra de mapa
Premio Castelao de Banda Deseñada 2016
Venecia, finais do século XV. Unha noite, un banqueiro é asasinado na cidade. Os rumores sitúan un taller de mapas no centro das sospeitas. En pouco tempo mudarán as vidas de persoas de moi diferentes orixes e estratos mentres xiran arredor dun crime cada vez máis escuro.
Unha intriga coral que amosa unha Europa en plena transformación, cando entre mapas, publicacións, obxectos preciosos, comercio internacional e escravismo ensáianse algunhas das bases do capitalismo global que chegará ata os nosos días.
"No meu caso, considero unha aventura apaixonante aquela que poña en xogo estes elemen-tos: personaxes fortes e interesantes, un momento histórico suxestivo e, a poder ser, unha reflexión de fondo sobre a sociedade, a política e a alma humana. Desfrutar e pensar ó tempo. Quizais parece que pido demasiado e non obstante todo isto é o que atopei en Fóra de mapa de Emilio Fonseca. Unha apaixonante aventura.", do prólogo de Juan Díaz Canales.
Características
128 páxinas
Encadernación rústica
Impresión a cor
Onde conseguir esta proposta
Á venda en librarías especializadas en banda deseñada.