O gran libro dos señores importantes
Libro de arte, catálogo e traballo de creación colectiva poético-visual da artista moldava afincada en Galicia Natasha Lelenco, con textos de Tomás Lijó, Mónica Góñez e Alfonso Mato.
O libro recolle as pezas do proxecto Adopta Un Señor Importante, 45 retratos combustibles cos seus micropoemas /microrelatos asociados que funcionan ao xeito de exvotos ou espellos do peor de nós mesmos.
É un libro de arte moi coidado producido a través dunha campaña de micromecenado que partiu coa queima dos Señores Importantes non Adoptados ao final dos 6 meses de campaña de adopción en 6 salas de exposicións de 6 cidades e vilas galegas.
Un proxecto artístico arredor do efémero, do importante e do non importante, que nos lembra que somos combustibles, que nada importa demasiado e que ninguén é máis importante ca ninguén.
Características:
- Impresión offset
- Tamaño 23 x 28 cm., de 148 páxinas
- Papel creator vol de 150 g, a 4/4 tintas; as 36 últimas en coral book ivory 1.65 de 90 g, a 4/4 tintas
- Portada con impresión UVI
- Encadernación cartoné cosida. Rústica
Onde conseguir esta proposta
Á venda en librarías. Tamén directamente á autora-editora no enderezo: casadasperitas@gmail.com.