Vidas imaxinarias
Tradución do francés de Samuel Solleiro
Un clásico da literatura francesa. Un libro que creou todo un xénero: o da biografía literaria, máis rica, máis ambiciosa, máis divertida, máis evocadora.
Ao longo dos séculos, Marcel Schwob vai procurando a esencia das paixóns da humanidade mediante unha poderosa imaxinación e un xeito de escribir baseado na beleza, na claridade e na destreza no uso dos recursos narrativos. Personaxes reais e inventados que conseguen grazas a esta obra un lugar perenne na eternidade.
«En todas as partes do mundo hai devotos de Marcel Schwob que constitúen pequenas sociedades secretas.» (Jorge Luis Borges)
«Schwob é un dos escritores venerados pola clase dos aventureiros pasivos, e os seus devotos parécense aos do satanismo, que en diversas circunstancias recorren ás invocacións máis suxestivas da nigromancia.» (Pierre Mac Orlan)
Marcel Schwob (1867-1905)
Un dos máis importantes escritores en lingua francesa de todos os tempos a pesar de ter escrito poucas obras. Está considerado un dos renovadores da literatura de aventuras. Discípulo de Robert Louis Stevenson, a súa narrativa destaca pola imaxinación, a precisión do seu estilo e a capacidade de evocación. Dise del que é un lector metido a escritor e de aí que conecte tanto cos lectores máis ávidos, aqueles que están a descubrir todas as posibilidades da literatura como xeito de vivir máis vidas que a propia vida. A súa obra cumio é Vidas imaxinarias, agora publicada por Aira. Outros dos seus libros máis recoñecidos son A Cruzada dos nenos e O libro de Monelle.
Ilustracións de: David Rubín, Chus Rojo, Simón Blanco, Santiago Sequeiros, Óscar Villán, Javier Olivares, Isabell Seidel, Nuria Díaz, Alberto Guitián, Pedro Rodríguez, Pablo Otero, Fernando Ruibal, Carlos Arrojo, Xulia Vicente, Dani Padrón, Marcos Viso, Meli Molita, Iria Fafián, Jose Domingo, Xulia Pisón, Nuria Tamarit, Víctor Rivas.
Limiar de Xosé Miranda
Tapa Dura. Edición ilustrada. 16 x 22
Máis información aquí.
Onde conseguir esta proposta
Á venda en librarías e na tenda en liña da libraría Aira das Letras.