Kipps. Historia dunha alma simple
Trdución de Celia Recarey.
Arthur Kipps é un mozo orfo que traballa de aprendiz nun comercio de tecidos até que un día un anuncio nun xornal, seguido por unha inesperada herdanza, transforman a súa vida. A partir de entón coñecerá a opulencia e o luxo, a ilusión e o amor, o compromiso e a traizón.
Afastada das ficcións científicas que fixeron célebre a H.G. Wells e considerada polo propio autor como a súa favorita, Kipps é unha novela social de fortes reminiscencias autobiográficas na que un protagonista en ocasións cómico e en ocasións tráxico se enfronta a obstáculos aparentemente insalvables no seu percorrido a través das distintas capas da sociedade inglesa de finais do século XIX.
Herbert George Wells (1886-1946) naceu en Kent, no seo dunha familia de clase traballadora. Tivo que traballar desde moi novo para contribuír á economía famliar, vivindo de primeira man a explotación laboral como aprendiz nunha tenda de tecidos. En 1884 entrou de bolseiro na Normal School of Science, onde espertou o seu interese pola ciencia, a historia e o cambio social. Pouco despois comezaría a escribir, alcanzando grandes éxitos de vendas coas súas obras, das que máis adiante se farían memorables adaptacións á radio, ao cine e á televisión.
Características:
- 456 páxs.
- 128 x 198 mm
- Encadernación rústica
- Tradución de Celia Recarey
- Ilustración de cuberta: Carlos Valdés
- Deseño e maquetación: Irmás Cartoné
Onde conseguir esta proposta
Á venda en librarías e na tenda en liña da editorial.