Home, Sweet Home
Este volume reúne as tiras da serie "Home, Sweet Home", das que é autor Dudi, pseudónimo de Eduardo Galán Blanco (Ferrol, 1957), que se deu a coñecer inicialmente no semanario ferrolán Porta Nova en 1987 e despois no Diario de Galicia a partir de 1988.
O leitmotiv da obra é o erotismo, plasmado a través da presentación da intimidade da sensual e anónima protagonista no seu cuarto, arrodeada de peluches que observan, opinan e comentan todo o que fai a súa ama, estrita gobernanta da que viven permanentemente namorados. Salientan tamén as múltiples intertextualidades co cinema, a literatura e os cómics.
Prólogo de Xan López Domínguez | Introdución de Fausto Isorna
Formato 30 x 21 cm
96 páxinas
Encadernación: rústica con lapelas
Impresión: branco e negro
Onde conseguir esta proposta
Á venda en librarías especializadas en banda deseñada e na tenda en liña da editorial.