O Máxico Arrecendo e outras historias
Recompilatorio de varias obras de Fran Bueno (Santiago de Compostela, 1967). O volume inclúe a reedición de "O Máxico Arrecendo" (1992), unha historia ambientada na Prehistoria de Galicia, e unha completa colección dos seus primeiros traballos en branco e negro, que proban a diversidade do estilo e mais a evolución deste debuxante antes de se converter en profesional.
Estes traballos primeirizos foron dados a coñecer en revistas e fanzines como Totem, Frente Comixario e Paté de Marrano e galardoados con diferentes premios. A edición recolle tamén os inéditos “Romeo” (1994) e “Ramón e Rosario”, primeiro premio no X Concurso Galego de Cómics Xuventude (1994). Os traballos van precedidos de senllos textos de presentación de Ángel Manuel Benavente e Fausto Isorna.
Formato 17 x 24 cm
80 páxinas
Encadernación: rústica con lapelas
Impresión: branco e negro
Onde conseguir esta proposta
Á venda en librarías especializadas en banda deseñada e na tenda en liña da editorial.