Cando os nenos din basta!
Dirixido a docentes, nais e pais, políticos, urbanistas... e tamén ao público infantil, Cando os nenos din BASTA! é a continuación de A cidade dos nenos: 26 frases recollen propostas e protestas dos rapaces, actúan como lema de cabeceira e argumento de cada capítulo do libro. Tonucci proponnos escoitar os nenos e ter en conta as súas opinións.
Para que os nenos desexen expresarse e teñan esa posibilidade, cómpre que os adultos saiban escoitalos, se poñan ao seu carón, e teñan disposición para defender as súas posturas.
Texto e ilustracións de FRANCESCO TONUCCI
Tradución de MÓNICA BALEIRÓN e RUT VÁZQUEZ
Limiar de FRANCESCO TONUCCI e ROMANO PRODI
Encadernación rústica. 15x 21,5 cm. 336 páx.
Biblioteca de Pedagoxía, n º2
Onde conseguir esta proposta
Á venda en librarías ou na tenda en liña de Kalandraka.