A cidade dos nenos
A cidade dos nenos é un proxecto impulsado en 1991 por Francesco Tonucci no seu Fano natal -de 60.000 habitantes- partindo da filosofía de que unha cidade á medida da infancia redunda nunha maior calidade de vida para toda a veciñanza. Así, impulsou a creación dun Consello Municipal da Infancia para que os máis novos colaborasen no deseño e na planificación dos servizos e dos espazos urbanos.
A partir de 1997 a iniciativa foise estendendo por numerosas cidades de Italia, España, Arxentina, Chile, Colombia, México, Paraguai, Uruguai e Perú.
Trátase da primeira tradución ao galego desta obra do prestixioso autor, colaborador de figuras tan destacadas como Gianni Rodari e Mario Lodi. Saír sós da casa e ir á escola de xeito autónomo, recuperar o tempo de lecer, xogar no espazo urbano peonil e deixarlles experimentar son algúns retos da alternativa á sobreprotección.
Texto e ilustracións de FRANCESCO TONUCCI
Tradución de MÓNICA BALEIRÓN, SONIA SANTOS e RUT VÁZQUEZ
Limiar de ANTÓN COSTA RICO
Encadernación rústica con lapelas. 15x 21,5cm. 288 páx.
Biblioteca de Pedagoxía, nº 1
Onde conseguir esta proposta
Á venda en librarías ou na tenda en liña de Kalandraka.