Na punta do pé
Un libro-cd-dvd dirixido a público de todas as idades para aprender cantigas, bailes e xogos da tradición galega, portuguesa e mirandesa, co obxectivo de recuperar o espírito lúdico das festas, cun enfoque didáctico e participativo.
Comprometidos coa recuperación da cultura lúdica e activadas festas e verbenas, os compoñentes de Pesdelán contribúen á creación desta obra para que sexa compartida por público de todas as idades, logrando ademais un material cunha potente dimensión educativa para o seu aproveitamento nas aulas.
No repertorio hai 12 temas en galego, portugués e mirandés -mesmo algún de orixe brasileira- con arranxos musicais orixinais. O CD tamén inclúe 4 versións instrumentais para seren cantadas. O DVD contén explicacións dos pasos e demostracións dos bailes. En conxunto, trátase dun traballo feito para enriquecer o tempo de lecer, cantando e bailando.
Textosde MERCEDES PRIETO e MONTSE RIVERA
Prólogo de SUSA HERRERA
Ilustracións de JOÃO VAZ DE CARVALHO
PESDELÁN: Uxía Cribeiro, Mercedes Prieto, Montse Rivera, Xan Pampín, Carlos Freire, Miguel Flores, Amando Gottardi.
COLABORACIÓNS: Bea Díaz, Guadi Galego, Pedro Pascual, Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, Miguel Barriga, Patricia Rivera, Julián Romero, Iago Carro, Mariña Vidal, Jairo Quitiá, familia Paz Noya, Centro Cultural A Ponte Vella, Concello de Teo, Fundación Cidade da Cultura de Galicia
Libro-CD-DVD. Encadernado en cartoné. 16x 16cm. 84 páx.
Onde conseguir esta proposta
Á venda en librarías ou na tenda en liña de Kalandraka.