Cidade de cristal
Sinalado por The Comics Journal como un dos «100 mellores cómics do século xx», El Patito Editorial publicou en lingua galega —e en versión do escritor Xavier Queipo— a novela gráfica Cidade de Cristal.
Da man de Paul Karasik na adaptación e da concisa e expresiva pluma de David Mazzucchelli na ilustración, a novela de Paul Auster foi sorprendentemente transformada a unha nova linguaxe, «creando —na aguda observación de Art Spiegelman— un estraño doppelganger do libro orixinal».
O traballo na tradución do recoñecido escritor galego Xavier Queipo —bo coñecedor da obra de Auster, co que comparte o ter acadado o Premio Juan de San Clemente— é un atractivo engadido ao xogo de espellos que conforma esta obra mestra da novela gráfica.
Formato 13,5x21 cm
144 páxinas
Encadernación: rústica
Impresión: branco e negro
Onde conseguir esta proposta
Á venda en librarías especializadas en banda deseñada e na tenda en liña da editorial.