Colección Castelao de banda deseñada
Coa intención de albergar a biografía en banda deseñada da figura do ilustre Castelao, naceu esta colección e coa intencionalidade de que despois de completar esta biografía, reaizada polos autores Iván Suárez e Inacio Vilariño, a porta quede aberta a outros posibles títulos relacionados co universo propio que xera unha figura multidisciplinar e de alto interese como é Castelao.
Cómpre destacar que o segundo título desta colección, Titoán, mereceulle aos autores o Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña no ano 2011 e que grazas ao apoio de Librería Kómic como socio colaborador conseguimos normalizar o proxecto biográfico.
Títulos publicados:
- O pobre tolo (2012)
- Titoán (2012)
- Máis alá (2013)
- Atila (2015)
Características de cada obra:
Páxinas: 64, branco e negro.
Encadernación: rústica
Medidas: 17 x 24 cm
Onde conseguir esta proposta
Á venda en librarías especializadas en banda deseñada (listaxe de puntos de venda) e na tenda en liña de Demo Editorial.