En todas as mans. Documentario
Directora: Diana Toucedo
Produtora: Trespés Coop. Galega
2015 | DVD | 100' | Galego/Portugués O documentario incorpora lexendas en galego para persoas con audición condicionada, en español e inglés.
Sinopse: A épica dunha vontade, a loita por mellorar os territorios que habitamos. Dous territorios, Galiza e Portugal, e unha realidade, os montes veciñais ou baldios. En todas as mans é unha ollada aos seus habitantes na procura dun horizonte, que os territorios que están nas suas mans sexan creadores de riquezas económicas, ambientais e sociais para os seus pobos. O documentario crúzase no seu camiño para indagar nunha realidade tan próxima como tan descoñecida. Unha realidade milenaria, única, que debe afrontar, tamén, un futuro.
Tráiler: https://vimeo.com/99548370
Onde conseguir esta proposta
Este documentario pódese solicitar en librarías ou tamén nas tendas en liña de Cestola na Cachola ou na Ciranda.
- A Coruña: Libraria Suevia
- Foz: Libraria Bahía
- Santiago: Numax, Museo do Pobo Galego, Fogar natural
- Lugo: Bico de Grao
- Pontevedra: Libraria Paz, Tenda Amarante