O Cadelo Lunático - Malos tempos
Etiquetas
Autor
O Cadelo Lunático
Empresa
Categoría/s:
Referencia
MalosTemposCadelo
Idade
De 14 a +18 anos
PVP rec.
11,95 €
Valoración
0 puntos
O Cadelo Lunático é o novo proxecto de Javier Prado, voz e guitarra dos Moondogs Blues Party. Prado comeza esta viaxe individual coa idea de aportar ao país música blues en galego, que reflicta o momento social que nos toca vivir nesta época.
O seu primeiro traballo, Malos tempos, sae ao mercado da man da discográfica galega Inquedanzas Sonoras. É este un disco que contén temas propios pero tamén unha selección de poemas de autores galegos como Celso Emilio Ferreiro ou a poeta contemporánea Cristina Corral Soilán. O proxecto preséntase en directo cunha formación na que aparte de Javier Prado súbense ao escenario, Belén Tajes co teclado e voz, Olalla Ferga na batería e María Gómez no baixo.
Onde conseguir esta proposta
Á venda en tendas de discos. Tamén na rede, aquí >