A voz do vento
A voz do vento quere ser unha homenaxe ao recoñecido poeta e incansábel activista a prol da nosa lingua e de tantas causas xustas.
O libro ilustrado por Jano componse de 11 temas. Os temas son extraídos dos libros: Terra Chá, Proba documental, Aldraxe contra a xistra, Cantos rodados para alleados e colonizados, Versos do lume e o vagalume, A luz resucitada, As lúcidas lúas do outono e Sonetos á casa de Hortas. A tribo incomprensíbel está composta por Aarón Bouzón, Álex Bardanca, Fran Amil, Paco Cerdeira e Ricardo Casás. Neste libro-CD colaboraron coas súas voces Jasper, Paula Romero, Antón Díaz, Xurxo Souto, Belén Tajes, O Leo, M. J. Pérez e Xosé Antón Bocixa.
- Poemas de Manuel María
- Música de Fran Amil e a tribo incomprensíbel
- Ilustracións de Jano
- 26 páxinas
- 18×18
Bótalle un ollo aquí ao booktrailer!
Onde conseguir esta proposta
Podes atopar este disco en librarías ou compralo na rede a través da Tenda da Mesa >