Zënzar ao vivo
Empresa
Categoría/s:
Ano
2009
Referencia
ZënzarAoVivo
Idade
De 12 a +18 anos
PVP rec.
10,20 €
Valoración
0 puntos
A banda de rock en galego que máis anos leva en activo, presenta o DVD Zënzar ao Vivo - Cerceda 09, gravado no XVI Festival de Cerceda o 2 de maio de 2009 e que supuña a presentación oficial do disco A Tribu, o seu sexto disco de estudo, o seu último traballo.
Contan neste directo con colaboracións varias, como as de Ses ou Xenderal.
Podes ver un avance en: http://youtu.be/af2Mjxfn0_E
Onde conseguir esta proposta
O DVD está á venda nas tendas oficiais e centros comerciais a través de Inquedanzas Sonoras.
Tamén se pode solicitar contactando co grupo en: vendas@zenzar.info