A esencia máis nosa
Selección dos poemas de Manuel María en que fala da lingua galega. Editado pola Casa Museo Manuel María.
Escolla dos poemas máis representativos que Manuel María dedicou á exaltación e defensa da lingua galega, válida para todos os públicos. Contén algúns dos versos máis fermosos e das composicións máis comprometidas e interesantes que se escribiron sobre un idioma historicamente maltratado que constitúe a esencia e o patrimonio máis importante do pobo galego. Vai precedida dunha introdución do profesor da Universidade da Coruña, Xosé Ramón Freixeiro Mato, que pretende situar os poemas dentro das coordenadas históricas, políticas e sociolingüísticas en que foron compostos e socializados. Ilustración da capa: Julián Díaz.
93 páxinas.
Onde conseguir esta proposta
Este libro pódese mercar en librarías ou directamente no web da Fundación Manuel María >