Lobos
Davide Salvado é, sen dúbida, unha das voces máis carismáticas do noso país. De formacion autodidacta, leva media vida percorrendo as aldeas galegas na procura de ritmos, coplas e danzas.
O seu novo disco, Lobos, está composto por dez temas cheos de amor pola tradición, por Galiza, pola súa lingua e pola súa xente. O artista asegura que está feito dende o corazón, como un agradecemento a todas esas pandereiteiras e bailadoras maiores, mulleres fortes e anónimas, que lle ensinaron a Davide a ser o que é.
De desde esa enerxía, a súa música transfórmase nun son global. Este novo disco está producido por Pedro Pascual (Talabarte, Marful) e nel colaboran músicos do talle de Xavi Lozano (Coetus), Quim Farinha (Berrogüetto), Miguel Hiroshi ou Lar Legido (Sumrra), entre outr@s.
Onde conseguir esta proposta
Podes atopar este disco nas tendas de música e librarías de toda Galiza e tamén en El Corte Inglés e FNAC.
Tamén na tenda en liña de Fol Música