Frecha de Chocolate con poema inédito de Estíbaliz Espinosa
Todo amor transcorre en algures entre a árbore do cacao e xenomas case idénticos que se miran como a través. Que se devoran.
Todo amor é constelación e criaturiñas bioluminescentes que dan nome ao mar de ardora. Porque é difícil de ver. Porque pestanexa. Porque xira na noite coma a constelación de Sagitta, a frecha que apunta ao teu nome.
Todo amor é fundar ou fundirse. Perforar o alento con puntaría de amazona. Baño de oxitocina para os campos e as súas papoulas en sinapse, velaí o tes, veas abaixo: é un río de teobromina.
Chega até o corazón do teu nome.
O teu nome, que escintila na lingua e pestanexa.
Como unha constelación como unha
criatura da ardora. Amor. Debo escribilo:
Orixinal frecha de chocolate elaborada cun bombón de framboesa na súa punta, a vara de chocolate con leite e as plumas depastillaxe. A frecha apóiase sobre un comprimido de "giaduja" de canela.
Acompaña esta creación un poema inédito de Estíbaliz Espinosa escrito para a ocasión, atado en forma de mensaxe á frecha.
Peso frecha pequena 200 gr; frecha grande 300 gr
Caducidade aos 5 meses.
Ingredientes: Abelá, cobertura de chocolate con leite 40% (azucre, manteiga de cacao, leite en po, pasta de cacao, leite desnatado en po, emulxente: lecitina de soia, aroma natural de vainilla) manteiga, fariña de trigo, canela, framboesa, sal, azucre e limón.
Onde conseguir esta proposta
Á venda nas pastelarías físicas e mais na tenda en liña.