Crebacabezas de Galicia
Galicia é un paraíso. Un tesouro agochado. Este anaquiño de terra no noroeste de España namora a todos os que saben dela. Ríos, rías e praias, monumentos, flora e fauna, a inmensa riqueza de Galicia e da súa xente, as súas cidades e as súas aldeas. Lugares cheos de historias e lendas. Tradicións ancestrais.
Con este crebacabezas amosamos algunha destas xoias e deixamos lugar á curiosidade do neno e do adulto para que sigan indagando e afondando nesta terra dun xeito lúdico. Ademais, ao compoñer as pezas, irán descubrindo Galicia.
A calidade dos materiais utilizados e a exclusiva técnica de impresión dá lugar a marabillosas imaxes, rechamantes e luminosas para un enredo que non remata nunca!
O Crebacabezas ten 350 pezas de cartón duro e, unha vez montado, mide 48,5x33,5 cm. A caixa ven cas indicacións en galego, castelán e inglés.
Onde conseguir esta proposta
Dado que Galileo Nenos non está en activo, este xogo só se pode conseguir en xoguetarías e librarías que aínda o teñan en stock.