Pack “Encallados”
Película “Encallados” en DVD + novela gráfica debuxada por Marcos Vigo
A película indie galega de 2014 xa está en DVD. Dirixida por Alfonso Zarauza (Os fenómenos) e interpretada por Xúlio Abonjo, Ricardo de Barreiro e Federico Pérez, conta en clave de comedia o proceso creativo do director e de dous guionistas (Zopilote) á hora de intentar escribir un guión de encarga para un filme sobre a catástrofe do Prestige.
Ademais de saír en DVD, Encallados estende o seu formato á linguaxe do cómic, cunha adaptación do debuxante Marcos Vigo en forma de novela gráfica.
Os dous produtos ofrécense nun pack por só 22 €, pero tamén se venden por separado: o DVD custa 12 € e o cómic custa 15 €.
Onde conseguir esta proposta
Á venda en librarías e tendas especializadas.
Podes consultar os puntos de venda no web de Encallados.