REACTIV_ARTE, música de Implicad@s
CD con cancións de artistas vari@s sobre letras de poemas támiles, etíopes e galegos.
1.- Xoán Curiel. Lévame de volta.
2.- Iria Pinheiro. Blues para un poema.
3.- Uxía. As que rubimos montañas.
4.- Mercedes Peón. Linguas elementais.
5.- Leilía. O meu soño.
6.- Xabier Díaz. Lévame de volta.
7.- Carmen Rey. Encerro.
Este traballo é un froito máis do proceso que celebra en 2015 dez anos de traballo común no Implícate! Noite de música e palabra solidaria. Como noutras ocasións as e os artistas que participan van alén dos meros xestos, meten a man na fariña e dela saen fermosos moletes de son. O desafío que lles presentamos non era pequeno: compoñer unha peza utilizando como base algún dos poemas das poetas támiles, etíopes e galegas publicadas por Implicadas nos volumes Vanakkam/Benvidas e As que rubimos montañas.
Onde conseguir esta proposta
Pódese mercar este CD na tenda en liña de Implicad@s, aquí http://tendaimplicadas.tictail.com/product/cd-reactiv_arte
O disco tamén está á venda no local de Implicadas en Vigo (rúa de Barcelona, 86) e na rede de establecementos colaboradores.