Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » O Gatipedro
Difundir o artigo en Cabozo

O Gatipedro


O Gatipedro
Empresa
Categoría/s:
Ano
2021
Referencia
Gatipedro
Idade
De 6 a +18 anos
PVP rec.
26,00 €
Valoración
0 puntos

Todos os pobos teñen a súa propia mitoloxía, deuses e seres máxicos que xurdiron para explicar os fenómenos que acontecían e que, á falta dunha explicación científica, eran descritos deste xeito. En Galicia, como non podía ser menos, temos a nosa propia mitoloxía.

O Gatipedro é un xogo de axilidade mental e velocidade no que cómpre desfacerse das cartas antes que o resto. Para isto, e a través das lendas de oito seres mitolóxicos, teremos que ir botando unhas cartas enriba das outras de maneira que sempre estean relacionadas coas súas propias lendas.

Idade: a partir de 6 anos

Número de xogadores: de 1 a 7

Obxectivos educativos:

  • Introdución á mitoloxía galega e á tradición oral
  • Traballa o razoamento, a axilidade mental e a concentración

Vídeo de presentación do xogo



Onde conseguir esta proposta

Na tenda en liña de Brazolinda, nos puntos de venda indicados no web ou en feiras de artesanía e de produtos culturais e educativos.



Galería