Camiño de Compostela
Neste xogo, os romeiros e romeiras percorrerán os diferentes Camiños de Santiago conseguindo as cartas das etapas polas que pasen, que querarán así na súa memoria. Estas 64 cartas, con elementos da gastronomía, do patrimonio natural e arquitectónico, festas, profesións tradicionais... servirán durante a partida para obter melloras (camiñar máis rápido, visitar máis lugares...)
Mais ao final da viaxe comeza unha fermosa experiencia. A persoa que mellor aproveitase o Camiño, quen máis puntos teña, improvisará un relato, un contiño con algunhas das súas cartas sobre como foi a súa viaxe, os lugares polos que pasou, o que sentiu...
Ademais, conta cun pequeno libro-guía para aprender un pouquiño de cada etapa e que poderedes personalizar facendo as vosas propias ilustracións.
Idade orientativa: a partir de 10 anos
Número de xogadores: ata 5
Obxectivos educativos:
- Traballa o razoamento e a expresión oral
- Fomenta a curiosidade e a imaxinación
- Aporta coñecementos sobre xeografía, patrimonio natural e arquitectónico, gastronomía, profesións tradicionais, festas ... de Galicia
Onde conseguir esta proposta
Na tenda en liña de Brazolinda, nos puntos de venda indicados no web ou en feiras de artesanía e de produtos culturais e educativos.