Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Coñecendo a Van Gogh
Difundir o artigo en Cabozo

Coñecendo a Van Gogh


Coñecendo a Van Gogh
Ano
2020
Referencia
VanGogh
ISBN
9788412320008
Idade
De 8 a 12 anos
PVP rec.
15,00 €
Valoración
0 puntos

Un libro de actividades onde se recollen doce obras postimpresionistas que fan un percorrido polas obras máis coñecidas do artista Vincent van Gogh durante a súa estadía en Arles e en Auvers-sur-Oise, onde pasou os seus últimos meses. Neste libro poderás coñecer sobre a súa vida e descubrir detalles da súa obra non tan coñecidos, mentres te divirtes pintando e coloreando a túa propia versión das obras.

Coñece a Van Gogh e divírtete coloreando as súas obras con este libro!

Un libro para colorear sobre o artista Van Gogh para colorear onde poderás atopar, nunha páxina unha ilustración da obra orixinal, coa que poderás aprender datos sobre cada obra e sobre o seu autor; e na páxina seguinte unha versión da obra de Van Gogh en branco con liñas negras para que colorees ou pintes a túa propia versión do cadro. Ao final do libro, poderás facer actividades extras para reforzar as túas habilidades artísticas como facía Vincent.

12 obras = 36 páxinas cheas de cor, información e arte.Un libro para colorear, pintar e aprender sobre Van Gogh, recomendado para:

  • Especialmente deseñado para nenos e nenas de 6 a 12 anos de idade, que senten curiosidade polo mundo da arte. Unha oportunidade de coñecer dun modo didáctico e divertido, os referentes do cubismo e as súas obras máis relevantes.
Tamén está altamente recomendado para:
  • Adultos con altas doses de xuventude e que queiran descubrir ao artista que levan dentro.
  • Persoas que lles guste relaxarse cun libro para colorear ou pintar (arte-terapia).
  • Persoas de calquera idade que queiran pasalo ben un anaco lendo, coloreando ou pintando!
Podes COLOREAR
  • As súas páxinas están preparadas para os teus lapis de cores ou ceras.
Podes PINTAR
  • Si! As páxinas son resistentes ás acuarelas, témperas e rotuladores. Non te preocupes, as tintas non traspasan ás seguintes páxinas!
Podes APRENDER
  • Os textos foron redactados pensando en nenos de 6 a 12 anos. Trátase dunha información moi selectiva e relevante, podes aprender sobre a vida de Van Gogh e datos curiosos sobre as súas obras. Nas derradeiras páxinas atoparás unhas actividades para poñer en práctica a realización da teu propio cuarto ou unha xerra cas túas flores favoritas.

Dispoñible en galego RAG e en galego AGAL.

Descrición técnica do libro:
21,5 x 25 cm
36 páxinas
Tapa branda



Onde conseguir esta proposta

Á venda no web e en librarías.



Galería