Eu nas vangardas: Cubismo
Coñece o cubismo a través de doce obras pictóricas de diferentes artistas: Luís Seoane, Pablo Picasso, Diego Rivera, Marevna, entre outros. Nunha páxina atoparás unha ilustración da obra orixinal, coa que poderás aprender datos sobre cada obra e sobre o seu autor ou autora; na páxina seguinte atoparás unha versión da obra cubista en branco con liñas negras para que colorees ou pintes a túa propia versión do cadro. Ao final do libro, atoparás algunhas actividades extras para reforzar as túas habilidades artísticas sobre o cubismo.
Nesta edición recóllense 12 obras cubistas de homes e mulleres que destacaron neste movemento artístico do cubismo. Autores coma: Luís Seoane, Pablo Picasso, María Blanchard, Georges Braque, Marevna, Diego Rivera, Dorrit Black e Juan Gris.
Dentro do libro poderás atopar, nunha páxina unha ilustración da obra orixinal, coa que poderás aprender datos sobre cada obra e sobre o seu autor; e na páxina seguinte unha versión da obra cubista en branco con liñas negras para que colorees ou pintes a túa propia versión do cadro. Ao final do libro, poderás facer actividades extras para reforzar as túas habilidades artísticas sobre o cubismo.
8 artistas + 12 obras = 36 páxinas cheas de cor, información e arte.Un libro para colorear, pintar e aprender recomendado para:
- Especialmente deseñado para nenos e nenas de 8 a 12 anos de idade, que senten curiosidade polo mundo da arte. Unha oportunidade de coñecer dun modo didáctico e divertido, os referentes do cubismo e as súas obras máis relevantes.
- Adultos con altas doses de xuventude e que queiran descubrir ao artista que levan dentro.
- Persoas que lles guste relaxarse cun libro para colorear ou pintar (arte-terapia).
- Persoas de calquera idade que queiran pasalo ben un anaco lendo, coloreando ou pintando!
- As súas páxinas están preparadas para os teus lapis de cores ou ceras.
- Si! As páxinas son resistentes ás acuarelas, témperas e rotuladores. Non te preocupes, as tintas non traspasan ás seguintes páxinas!
- Os textos foron redactados pensando en nenos de 8 a 12 anos. Trátase dunha información moi selectiva e relevante, podes aprender sobre o movemento artístico do cubismo, datos curiosos sobre as obras ou dos seus autores. Nas derradeiras páxinas atoparás unhas actividades para poñer en práctica a realización do teu propio bodegón ou retrato e que o firmes como un artista.
Dispoñible en galego RAG e en galego AGAL.
Onde conseguir esta proposta
Á venda no web e en librarías.