Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Somos criminais
Difundir o artigo en Cabozo

Somos criminais


Autor
Carlos Blanco // Xosé A. Touriñán
Empresa
Ano
2020
Referencia
somoscriminais
Idade
De 12 a +18 anos
PVP rec.
10,00 €
Valoración
0 puntos

O espectáculo de Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán, agora convertido en filme, chega aos fogares de todo o país para gozalo desde o sofá. En formato digipack USB, para gozar na tele ou en calquera outro dispositivo. Unha película rodada sobre as táboas baixo a dirección de Jairo Iglesias e Tito Asorey cun tratamento cinematográfico único, co que na estrea en streaming, o pasado mes de xuño, gozaron máis de 10.000 espectadores en todo o mundo.

Temos unha cultura criminal propia? Delinquimos como galegos? Para responder a estas preguntas, Carlos Blanco e Touriñán analizan e dramatizan crimes autóctonos en todas as súas variables, desde o crime por arroutada ata o crime por acumulación de mala hostia, pasando polo crime familiar por causa das herdanzas, o asasinato por suxestión ou as orixes do narcotraficante galego. A conclusión é clara: Somos Criminais.



Onde conseguir esta proposta

Na tenda en liña da produtora.