Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » 3D Printing Mission · A Scape Odissey
Difundir o artigo en Cabozo

3D Printing Mission · A Scape Odissey


3D Printing Mission · A Scape Odissey
Empresa
Categoría/s:
Ano
2020
Referencia
MISS-SPACE-GL
Idade
De 12 a +18 anos
PVP rec.
9,95 €
Valoración
0 puntos

O primeiro xogo de impresión 3D... de todo o universo!

3D Printing Mission, A scape odissey é una cración de Filament2Print. Trátase dun xogo de cartas para entre 2 e 4 xogadores, que competirán por seren os primeiros en rescatar os científicos que habitan na Estación Espacial Internacional da gran choiva de meteoritos que se achega inexorablemente.

O espazo: a última fronteira. Así remataban os capítulos dunha famosa serie de ciencia ficción e non lle faltaba razón. Científicos e astronautas de todas as nacionalidades pasan pola Estación Espacial Internacional e poñen o seu enxeño a traballar na procura de planetas habitables, de novas fontes de enerxía e materiais, de vida intelixente e, por que non dicilo, dun novo fogar, por se a Terra fose irrecuperable.

Ademais, as últimas innovacións no campo da impresión 3D revitalizaron a conquista espacial. Para que fabricar pezas na Terra para logo mandalas a 408 quilómetros de distancia?

Pero claro, non todo pode ser harmonía e creación. Unha inxente agrupación de meteoritos aproxímase á Estación a toda velocidade e a estimación inicial, aínda coas contramedidas activas, fai presaxiar graves danos. Son demasiados e, a esa velocidade, pode que até o máis pequeno deles sexa capaz de destruír a Estación.

Hai que escapar, pero… os módulos de escape aínda non están listos! Hai que rematar de polos a punto e pór a toda a tripulación a salvo. Axiña, ás impresoras 3D! Quizais non é o que planearades facer hoxe, pero, talvez vos convertades nos heroes que salven a situación...

Descrición do xogo

O xogo contén 54 cartas, entre as que se atopan 4 cartas de Impresoras 3D de 4 tecnoloxías de impresión 3D diferentes (filamento, resina, po plástico e metal). Cada unha destas cartas conta por unha cara unha impresora 3D básica e pola outra cara unha impresión 3D avanzada que, polas súas características, permitirá imprimir deseños que nas impresoras 3D básica resultaría moi difícil ou directamente imposible.

As outras 50 cartas mostran por unha cara diferentes deseños de pezas necesarias para reparar os módulos de escape da nave e así poder escapar antes de que chegue a choiva de meteoritos á Estación e, pola outra cara, diferentes materiais e accesorios que se utilizarán para imprimir os deseños na impresora 3D adecuada. Ademais, estas cartas contan con diferentes Efectos ou accións que farán máis dinámico e divertido o xogo.

En cada quenda, o xogador poderá realizar dúas accións co obxectivo de conseguir os materiais e accesorios necesarios para poder imprimir diferentes pezas para a reparación da nave. En cada deseño especifícase cal ou cales tecnoloxías son adecuadas para a súa impresión 3D. Cada deseño conseguido outorgará unha puntuación, en función de complexidade. O primeiro que consiga os puntos necesarios será o gañador e o heroe da misión.

Información máis detallada aquí.

Instrucións de xogo

Vídeo explicativo do xogo




Onde conseguir esta proposta

Á venda no sitio web de Filament2Print.