Ceos Galegos 2021
Etiquetas
Empresa
Categoría/s:
Referencia
CeosGalegos21
Idade
De 0 a +18 anos
PVP rec.
20,00 €
Valoración
0 puntos
Formato mural, 50 cm de anchura para admirar a fermosura do noso ceo ao través de 14 imaxes marabillosas. Todas feitas cos pés no país, por 12 fotógrafos/as que figuran entre os mellores especialistas en fotografía nocturna e astronómica.
Este ano aparecen retratados:
- o canón do Río Sil desde o miradoiro Pé do Home (Nogueira de Ramuín), un ceo con varias sorpresas.
- o ceo desde o miradoiro do monte Muralla (Rianxo, Lousame)
- o cometa NEOWISE desde A Veiga en primeir plano
- o ceo sobre a foz do río Miño entre Caminha e A Guarda
- a capela de San Fins (Arbo)
- o petróglifo Pé de Mula mailo castro de Sabaxáns ceo por riba (Mondariz)
- o ceo de inverno sobre o castro de (Porto do Son)
- a nebulosa do Veo desde Castiñeiras (Ribeira)
- un torre de Hércules cun ceo ardendo desde Oleiros
- o mar de Ardora maila Vía Láctea na praia de Carnota
- un mar de néboa e de estrelas sobre o val do Viveiró (Muras)
- unhas Pléiades moi ben acompañadas desde Santiago de Compostela
- o centro da Vía Láctea desde as montañas de Trevinca
- unha nebulosa de Orión desde Ares
- moitas estrelas, moitos planetas, moitas nebulosas, moito ceo
A edición do calendario permite manter o proxecto da web e a divulgación científica que Ceos Galegos fai nas redes sociais.
Onde conseguir esta proposta
Á venda en librarías e no web de Ceos Galegos.