Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Ao rescate
Difundir o artigo en Cabozo

Ao rescate


Ao rescate
Empresa
Categoría/s:
Ano
2020
Referencia
Aorescate
Idade
De 6 a 15 anos
PVP rec.
30,00 €
Valoración
0 puntos

Que pasou?

Os días pasaban sen sobresaltos. As lebres saltaban tranquilas polos prados, os caracois comían e comían mentres enchían o mundo con fíos de prata, os esquíos eran felices indo de árbore en árbore e as pitas de monte percorrían os Ancares cos seus elegantes andares. Pero un día, polo mar, chegou un barco con xente decidida a secuestrar crías para facer un zoo. Elas, asustadas, escondéronse; e os animais adultos correron a buscalas para poñelas a salvo.

Obxectivo do xogo

O obxectivo é salvar a maior cantidade posible de crías. Trátase dun xogo de estratexia e cooperativo, no que tódolos xogadores serán responsables tanto do movemento dos animais que teñen que salvar como do barco que os quere secuestrar. En cada tirada de dados, os xogadores elixirán que valor move o barco e cal os animais, procurando elixir sempre a opción que non poña a ninguén en perigo.

Ademais, cada animal ten algunha característica especial da que pode facer uso. Os esquíos poden ir polas árbores, as lebres poden saltar por riba dos outros animais, a pita de monte e o caracol...

Idade orientativa: a partir de 6 anos.

Número de xogadores: non está limitado.

Obxectivos educativos:

  • Traballa o razoamento e a estratexia
  • Xogo colectivo no que todos xogan no mesmo equipo
  • Aprendizaxe da toma de decisións en grupo e a planificación das accións




Onde conseguir esta proposta

Na tenda en liña de Brazolinda, nos puntos de venda indicados no web ou en feiras de artesanía e de produtos culturais e educativos.



Galería