Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » O caranguexeiro
Difundir o artigo en Cabozo

O caranguexeiro


O caranguexeiro
Autor
Takiji Kobayashi
Empresa
Categoría/s:
Ano
2020
Referencia
978-84-121280-4
ISBN
978-84-121280-4
Idade
De 16 a +18 anos
PVP rec.
14,00 €
Valoración
0 puntos

O caranguexeiro, publicada por entregas na revista Senki entre os meses de maio e xuño de 1929 e apenas un trimestre máis tarde como volume exento, está considerada unha das obras canónicas da literatura proletaria. Malia tratarse dun texto breve, destaca a potencia coa que Kobayashi reflicte a desvalorización e o maltrato das clases traballadoras, un feito que daquela lle supuxo a intervención da censura, que mesmo chegou a prohibir a obra; no entanto, anos despois, esa mirada contestataria sería clave para atraer o interese de lectores e lectoras de todo o mundo, unha vez que se traduciu a decenas de linguas.

O punto de partida para a historia é sinxelo: no xélido marco do mar de Okhotsk, Asakawa, o cruel superintendente dun barco factoría, o Hakkō Maru, explota con modos ruíns a súa numerosa tripulación, que sofre severos castigos e represalias. En consecuencia, e a pesar da vixilancia dun buque patrulla da mariña imperial, xorde entre os homes de mar a posibilidade dun motín.

A novela de Kobayashi coñeceu distintas versións teatrais e cinematográficas e foi adaptada como manga, sempre con grande éxito de crítica e público. Boa parte do seu atractivo radica se cadra na fácil translación da historia a case calquera contexto de abuso e precariedade laboral. Así se explica, por exemplo, o boom de vendas que experimentou no Xapón tras o crac financeiro de 2008.

Tradución do xaponés de Gabriel Álvarez Martínez

Encadernación: rústica con lapelas
Formato: 20 x 13.5 cm
Páxinas: 120



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías. Máis informeción no web da editorial.