Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Cantos contos en cantos
Difundir o artigo en Cabozo

Cantos contos en cantos


Cantos contos en cantos
Autor
Almudena Janeiro e Borja Gerrero
Empresa
Ano
2020
Referencia
cantoscontos
Idade
De 1 a 10 anos
PVP rec.
24,00 €
Valoración
0 puntos

CANTOS CONTOS EN CANTOS  CD+DVD karaoke

Chega una nova selección de 13 cantos de procedencia e contidos diversos, feitos música e canción cunha miscelánea de ritmos que invitan a xogar e a cantar, a contar e a danzar, ao paso das voces e os distintos efectos vocais, e tamén das guitarras, que sobresaen sobre outros moi variados recursos da percusión.

A máis das referencias aos distintos contos, que van desde clásicos como Os tres porquiños ata historias de autor como Non fai falta a voz, o traballo literario, plástico e musical complétase cun DVD con vídeos de animación en 2D que sirven de soporte para o karaoke das cancións, que vai facilitar o goce emocional e afectivo das historias.

Para completar o arco de idades ao que vai destinada esta selección, o libro+CD inclúe tamén 5 cancións de Caracois, para que a cativada de menos idade poida iniciarse nun xogo que mistura e combina palabras, imaxes e sons.

  • Paxinas: 36
  • Encadernación: cartoné
  • Medidas: 25x23 cm
Vídeo promocional

Este libro-disco-DVD continúa a serie Cantos en contos e Máis cantos en contos.



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías e no web da editorial.



Galería