Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Aramados
Difundir o artigo en Cabozo

Aramados


Aramados
Autor
Manuel García Gerpe
Categoría/s:
Ano
2020
Referencia
978-84-16460-83-0
ISBN
978-84-16460-83-0
Idade
De 16 a +18 anos
PVP rec.
17,50 €
Valoración
0 puntos

Aramados é un dos libros “perdidos” do exilio republicano galego e español, traducido agora por Miro Villar.

Escrito no campo de concentración francés de Septfonds durante 1939, o seu autor é o avogado, político, xornalista e escritor galego natural de Ordes Manuel García Gerpe quen, en febreiro de 1939, xunto con miles de exiliados en condicións extremas, tivo que cruzar a fronteira francesa para confinarse en varios campos para refuxiados, entre eles, o de concentración de Septfonds, na rexión de Mediodía-Pireneos. 


Despois de nove meses durísimos consegue axuda dende Buenos Aires e logra embarcar a finais de 1939. Na cidade porteña continúa a súa loita contra a ditadura. Unha das primeiras accións será publicar Alambradas (Editorial Celta, Buenos Aires, 1941) a crónica ficcionada dos seus nove mese no campo de concentración francés. Pouco máis tarde, aflixido e enfermo, falece un 4 de xullo de 1949.

Medio século despois, en 2019, o poeta, tradutor e profesor Miro Villar (Cee, 1965) afronta a tradución de Alambradas / Aramados, unha crónica que rescatamos este 2020 e que non volvera ser editada dende 1941.

Dende Buenos Aires, escribe García Gerpe o 14 de abril de 1941: “Móveme e impúlsame tan só a dor dos meus compatriotas; que por ser deles é miña. Máis de 150.000 refuxiados españois, que levan dous anos longos de cativerio entre aramados, continúan hoxe, presos desta dor, flotando en toda clase de enfermidades, loitando coa morte, tan desafiuzados, tan afastados e esquecidos do mundo como nos primeiros días do noso martirio, cando aínda non se expandira aos catro ventos a inmensa dor dun pobo escravizado”.

No Limiar, o tradutor, Miro Villar afirma: “Non oculta o autor o duro debate político entre os propios refuxiados, o que acontece no exterior e mesmo noutros campos, a través da correspondencia que reciben, ou a discusión política sobre os criterios á hora de escolleren as persoas que poderán exiliarse nalgún dos barcos que se están a preparar, nun proceso cheo de dificultades (...) que revelan en ocasións a baixeza humana en situacións límite”.

Manuel García Gerpe nace en Ordes un 29 de abril de 1908. Licénciase en Dereito pola Universidade de Santiago en 1931 e durante a República participa activamente na vida política e social galega. Dirixe Izquierda Republicana na súa comarca de Ordes, e apoia a campaña a prol da Frente Popular que gañará as eleccións de febreiro de 1936. Nos días do Golpe de Estado de Franco, Gerpe pode salvar a vida por atoparse casualmente en Madrid. Involúcrase entón na resistencia e enrólase nas Milicias Populares. Loita en Madrid, Aragón e Catalunya. Ao final da guerra alcanzará o rango de Capitán do Corpo Xurídico Militar do Exército Republicano. Exiliado en Buenos Aires, aflixido e enfermo, morre o 4 de xullo de 1949.


Páxinas: 166
Formato 15 x 20 cm




Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías.