As pombas de Carboeiro
As pombas de Carboeiro adapta a montaxe teatral homónima de Fantoches Baj. O guión de Inacio Vilariño e os deseños de Iván Suárez dan forma a esta obra de 64 páxinas a toda cor que narra unha historia medieval a partir das cartas do Tarot.
O volume inclúe ademais un CD coa banda sonora composta por Benxa Otero para a historia e interpretada pola Banda de Música de Lalín.
Unha aventura no camiño de Santiago.
Ao acampar as tropas napoleónicas no priorado de Carboeiro, descobren na cripta un frade beneditino que foi alí encarcerado. O capitán do batallón libera o frade e convídao a cear cos mandos; despois da cea, nunha partida coas cartas do tarot de Marsella, o capitán toma a decisión de matar as pombas mensaxeiras do mosteiro para alimentar o seu batallón. O frade tratará de impedilo contándolle unha historia fantástica, ilustrada coas cartas do tarot e ambientada no alto medievo.
Cervela de Bonaval comeza a súa misión en Zamora e cabalga ata Compostela polo val de Monterrei, a lagoa de Antela, a vila de Allariz, as burgas de Ourese, as carballeiras de Lalín, o convento de Camanzo e o mosteiro de Carboeiro. Lugares nos que acontecen as aventuras e desventuras do protagonista do noso relato e hoxe en día espazos do noso patrimonio paisaxístico e cultural.
Características:
COLECCIÓN Eumedievo
XÉNERO Aventuras
Nº DE PÁXINAS 64, cor
ENCADERNACIÓN Rústica con lapelas
MEDIDAS 17 x 24 cm
Onde conseguir esta proposta
Á venda en librarías especializadas en cómic e no web da editorial.