Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Bo tempo
Difundir o artigo en Cabozo

Bo tempo


Bo tempo
Autor
Alberto Díaz
Empresa
Categoría/s:
Ano
2020
Referencia
978-84-122491-9-4
ISBN
978-84-122491-9-4
Idade
De 13 a +18 anos
PVP rec.
20,00 €
Valoración
0 puntos

O ilustrador Alberto Díaz estréase como creador de novela gráfica con Bo tempo. A obra repasa a vida de Reimundo Patiño, un dos pioneiros da BD galega, desde a perspectiva persoal e autobiográfica do propio Alberto Díaz, quen durante a súa infancia conviviu con el en Madrid, onde Patiño viviu ata a súa morte mantendo sempre un contacto directo e comprometido coa cultura galega.

A obra, segundo a editora "reconstrúe pouco a pouco o gran crebacabezas que era Patiño, para amosarnos un retrato do máis humano, desde os actos ata os pensamentos" nun total 124 páxinas a cor cun prólogo de Xaquín Marín.

Características:

XÉNERO Histórico, biográfico  
Nº DE PÁXINAS 124, cor  
ENCADERNACIÓN Rústica con lapelas
MEDIDAS 17 x 24 cm



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías especializadas en cómic e no web da editorial.