Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » O axolote e outros contos de bestas e auga
Difundir o artigo en Cabozo

O axolote e outros contos de bestas e auga


O axolote e outros contos de bestas e auga
Autor
Lara Dopazo Ruibal
Categoría/s:
Ano
2020
Referencia
978-84-9151572-2
ISBN
978-84-9151572-2
Idade
De 16 a +18 anos
PVP rec.
14,70 €
Valoración
0 puntos

Nestes relatos atoparás unha ducia de historias lostregantes que teñen como elemento común o sobrenatural. Contos que combinan o desacougo co humor, o improbable co imposible, o humano e mais o natural, todo superposto e fundido nunha colección de historias de prodixios e arrepíos.

A auga e os animais –tamén outras bestas– cobran protagonismo nestas páxinas. A autora logra dosificar a intriga e mostra un dominio da tensión para crear atmosferas envolventes e inquietantes. Cunha prosa suxerente e de grande altura estética, introdúcenos noutras épocas e latitudes con mestría e logra  conmovernos en cada relato.

Características:

  • Páxinas: 132
  • Deseño: rústica con lapelas
  • Dimensións :135 x 210



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías.