Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » O paraíso dos inocentes
Difundir o artigo en Cabozo

O paraíso dos inocentes


O paraíso dos inocentes
Autor
Antón Riveiro Coello
Categoría/s:
Ano
2020
Referencia
978-84-9151-478-7
ISBN
978-84-9151-478-7
Idade
De 16 a +18 anos
PVP rec.
20,00 €
Valoración
0 puntos

Marzo de 2016, en plena guerra de Siria, a cidade de Alepo está dividida en dúas partes enfrontadas. No lado rebelde, a activista Amira loita por informar o mundo desde dentro da guerra e visita un orfo rescatado baixo os cascallos; no lado do réxime, Isam, un químico que traballa nunha fábrica de xabón, teme a notificación do Goberno para engrosar as filas do exército. Ao mesmo tempo en Bruxelas, días antes do atentado terrorista de Zaventem, Alicia topa indicios desacougantes que a fan temer pola vida da súa parella.

Tecida a partir destas historias, O paraíso dos inocentes é unha viaxe á cerna da destrución provocada polo conflito sirio e á traxedia dos refuxiados, ao tempo que un canto emocionado á solidariedade, á esperanza e á liberdade. Novela envolvente, na liña doutras obras do autor, como As rulas de Bakunin e Laura no deserto, escrita desde o interior de personaxes que atravesan o horror cos ollos abertos e buscan un exorcismo na loita, no exilio ou no compromiso solidario. Intentos deseperados de axustaren toda a dor á expectativa dunha reconstrución.

Características:

  • Páxinas: 324
  • Deseño: rústica con lapelas
  • Dimensións: 135 x 210



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías.