Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Granito
Difundir o artigo en Cabozo

Granito


Gránito
Autor
Álex Alonso
Categoría/s:
Ano
2020
Referencia
978-84-9121-753-4
ISBN
978-84-9121-753-4
Idade
De 16 a +18 anos
PVP rec.
20,00 €
Valoración
0 puntos

XXXI Premio Torrente Ballester de Narrativa

Baseada no famoso crime de Nigrán acontecido en xaneiro de 1994, esta novela de Álex Alonso, galardoada co Premio Torrente Ballester, reconstrúe con pericia os acontecementos durante os cales dous policías asasinaron catro persoas da familia dun coñecido empresario do granito no seu chalé tras un intento de extorsión.

Fronte ao concepto de novela de non ficción, tan vencellada ao escritor Truman Capote en A sangue frío, Álex Alonso aposta aquí pola ficción, iso si, elaborada a partir dun enorme traballo de documentación xornalística. Granito conta o salto ao baleiro de dous seres que xa levaban o fracaso marcado nas súas costas, nunha acción completamente improvisada, sen reflexión nin preparación previas: a acción case suicida de dous policías que non tiñan nada que perder.

Ao mesmo tempo, a novela convértese nunha crónica sentimental, case documental, dos anos noventa en Galicia. En "Granito" Álex Alonso racha cunha convención nunca cuestionada na ficción galega ao reproducir no propio diálogo dos personaxes a nosa realidade sociolingüística. Unha novela trepidante, intensa e reveladora.

Características:

  • 15,50 x 23,00 cm
  • Rústica fresado
  • 568 páxinas



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías.