O pacto do letargo
Os seres e os feitos marabillosos que escapan ás leis da Natureza e a Ciencia están presentes na maioría das crenzas e as relixións. E aparecen sempre agrupados en dúas castes antagónicas: bos e ruíns, anxos e demos, fadas e bruxas...
E o ser humano queda aí, no medio, loitando coa súa propia natureza ambivalente. Cando menos, así o contamos nós mesmos, os humanos. Pero, no fondo, nunca escoitamos a versión das outras partes...
E se o papel da humanidade nesta historia non fose o que ela mesma se atribúe? E se non foi tan inocente e pasivo como se pretende? Este é o punto de partida para que Miguelanxo Prado nos faga preguntarnos sobre o fráxil equilibrio entre o home e a natureza.
Edición en galego para coleccionistas:
Encadernación en cartoné coa ilustración de portada e contraportada limpas, sen textos, para disfrutar da imaxen orixinal tal cal foi deseñada por Miguelanxo Prado.
Sobrecuberta en acetato transparente serigrafiado cos textos e logotipos.
Tamaño pechado: 240 x 320 mm. 104 páxinas a toda cor máis gardas.
Con portadilla en papel vexetal. Impreso en papel Offset extra de 160 g./m2.
Retranca Editora tamén publica Atelier Miguelanxo Prado, onde o autor nos abre as portas do seu estudio para amosarnos o seu método de traballo á hora de crear unha banda deseñada.
Booktrailer de Atelier Miguelanxo Prado
Onde conseguir esta proposta
Á venda en librarías especializadas en cómic e no web da editora.