Extra!
Ilustracións de Marc Taeger
A actualidade convértese en melodía e canción neste xornal musical cheo de ritmo, bo humor e diversión: información de todas as temáticas, opinión, pasatempos... noticias que entran polos ollos, as mans e as orellas!
Os temas dispóñense como nun xornal con distintas seccións onde cada composición aborda noticias nacionais e internacionais, sucesos, información social, cultural e divulgativa, deportes, opinión, pasatempos e ata unha axenda de actividades. Fiel á frescura do seu estilo e á súa conexión co público infantil, o autor coida as letras das composicións e as melodías, que destacan polos ritmos modernos, pegadizos e bailables, invitando á participación do público.
Páxinas: 48
Dimensións: 16 x 16 cm
Algúns vídeos musicais deste disco en Kalandraka.tv
Onde conseguir esta proposta
Á venda en librarías e tendas de discos. Tamén no web de Kalandraka.