Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » A veiga
Difundir o artigo en Cabozo

A veiga


A veiga
Empresa
Categoría/s:
Referencia
Aveiga
Idade
De 3 a 10 anos
PVP rec.
30,00 €
Valoración
0 puntos

A historia

Un día saímos de excursión ó pé do río Miño, dende o seu nacemento no Pedregal de Irimia ata a desembocadura no inmenso Atlántico. Cando paramos á sombra dunha árbore para repoñer forzas cunha empanada de millo e queixo afumado, decatámonos do fermoso que era aquel lugar. Ó lonxe, a serra de Meira; máis preto, un terreo baixo, amplo e fértil ó carón do río: a veiga. Eu non sei que pasou, pero de repente sentimos que aquel era o noso lugar.

Con moito respecto cara o entorno, decidimos cultivar alí a nosa nova hortiña. Preparamos o terreo, regamos usando só a agua necesaria para que o río non secase; sementamos coidando aquelas primeiras follas para que non as comesen os ratos, caracois e lesmas; e logo agardamos. Un día todo floreceu, madurou e patacas, grelos, tomates e cenouras estaban listos para seren apañados. A colleita non era moi grande, pero suficiente para a nosa familia.

Finalidade do xogo

O xogo consiste en regar, sementar, agardar a que medren e, finalmente, apañar os produtos da horta segundo o que vaia saíndo no dado: cenorias, grelos, tomates e patacas. Mais cómpre facelo antes de que os coman os animais e sen que o río seque. Tódolos xogadores irán no mesmo equipo e terán que tomar decisións ó longo da partida sobre o uso da auga ou o momento idóneo para sementar, apañar ... Decisións sinxelas pero moi importantes.

Obxectivos educativos

  • Mellora da psicomotricidade fina
  • Iniciación ós xogos de mesa (regras comúns, respecto das quendas, asociación dado - acción)   
  • Xogo colectivo no que todos xogan no mesmo equipo
  • Aprendizaxe da toma de decisións en grupo e a planificación das accións

Número de xogadores: non está limitado, hai un único equipo.



Onde conseguir esta proposta

Na tenda en liña de Brazolinda, nos puntos de venda indicados no web ou en feiras de artesanía e de produtos culturais e educativos.



Galería