Dúas moedas
Mar, unha adolescente europea, viaxa a Senegal acompañando a súa nai, que traballa no proxecto de construción dunha biblioteca e unha emisora de radio nunha aldea de agricultores e pescadores ao norte da rexión. Habituada ás comodidades e dinámicas do chamado primeiro mundo, a medida que se vaia aclimatando aos ritmos e costumes do lugar irá tomando conciencia de que a metade da súa equipaxe eran tópicos, prexuízos e descoñecemento.
Sobre o terreo, Mar descubrirá unha cultura sensual e hospitalaria, unha paisaxe de beleza insólita e unha sociedade con problemáticas moi específicas e sometida a graves desaxustes políticos, pero tamén allea a moitas das nosas servidumes cotiás.
Dúas moedas, obra gañadora do primeiro Premi València de Novela Gráfica, é a colorista mirada da ilustradora Núria Tamarit a unha parte da realidade africana, tan vasta e complexa como fascinante nas súas particularidades.
Tradución de Isabel Soto
118 páxinas
Onde conseguir esta proposta
Á venda en librarías e no web da editorial.