Lugo, a cidade dos tesouros encantados
A proposta literaria e visual desta obra é un novo xeito de entrar na realidade histórica, patrimonial e cultural da cidade, percorrendo as súas rúas e deténdose na descuberta de tesouros que só aparecen á vista do espectador e o visitante atento.
En palabras de Felipe Senén, “o Lois Diéguez réndelle homenaxe a Lugo, ás súas paisaxes e paisanaxes, ao escenario e os autores e actores. Como un novo e ilustrado Ciprianillo feito á medida de Lugo, complementado con fotografía de Xulio Gil, con cartografía e incluso con plano dos tesouros da cidade. Primeiro fala a chuvia, señora que fai reverdecer o antigo bosque de Lugh, coroado polo que foi castro dos copori e campamento romano a vixiar o Miño, derriba da fonte calda das termas, cidade con orixe no legado fundador Paulo Fabio Máximo. A brétema serviranos de cicerone para furar polo anel, entrar no couto, nun nimbo de Historia, na arqueoloxía de templos pagáns, de solemnes domus, e sobre elas o trepar do tempo: a nula ou moita ilustración municipal, os pazos, as casas humildes, as tabernas, as tendas, os cafés, parladoiros nos que se filosofa e escoitaba, o Circulo das Artes... Lousas sobre as que se presenten os pasos de Pimentel, de Fole, do Cilistro, Isidro Novo, Vázquez Seixas, Trapero Pardo... e sempre o paso pousón e a verba solemne do sobriño do párroco de San Froilán, Manuel María... e Paco Martín e o seu Ramón Lamote”.
Páxinas: 204
Formato: 20x21
Encadernación: Cartoné
Vídeo de presentación do libro
Máis información aquí.
Onde conseguir esta proposta
Á venda en librarías.