Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra
Difundir o artigo en Cabozo

Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra


Autor
Henrique Rabuñal
Categoría/s:
Ano
2020
Referencia
978-84-9151-436-7
ISBN
978-84-9151-436-7
Idade
De 16 a +18 anos
PVP rec.
10,80 €
Valoración
0 puntos

Da maneira que na novela Scórpio diversos narradores constrúen a biografía do protagonista, así neste libro diferentes narradores iluminan o conxunto da obra literaria, lingüística ou filolóxica de Carvalho Calero e as sucesivas etapas biográficas.

Os anos infantís en Ferrol, a vida universitaria e política xa na compaña de María Ignacia Ramos Díez, a guerra e o presidio, a dura posguerra e a fértil xeira de Fingoi, o seu labor académico, a súa entrega a Galaxia e o período da docencia universitaria. Tamén o ciclo vizoso como profesor xubilado e a incesante presenza e reivindicación de Ricardo desde o seu pasamento até os nosos días.

Escritor precoz e total durante seis décadas, entregado militante do nacionalismo republicano, intelectual brillante e libre sempre entregado á nosa cultura, Carvalho Calero ocupa un dos lugares máis sobranceiros na historia galega do século XX. Podemos afirmar del o que el dicía de Otero Pedrayo. Contra Carvalho Calero non se pode construír o noso país.

208 páxinas.



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías e desde a páxina web da editorial.