Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Teño medo
Difundir o artigo en Cabozo

Teño medo


Autor
David de la Iglesia
Categoría/s:
Ano
2020
Referencia
978-84-9151-449-7
ISBN
978-84-9151-449-7
Idade
De 6 a 9 anos
PVP rec.
15,20 €
Valoración
5 puntos

É domingo pola mañá, Lucas vai ao parque, pero alí non ten amigos cos que xogar.


Quizais todos estean aínda a durmir! Só está Mr. Robot, quen se ocupa da vixilancia e mantemento do parque e que pode axudar a calquera neno que o precise.Desde cativo é frecuente que Lucas teña pesadelos, case sempre relacionadas cos seus medos máis comúns: a escuridade, o sentimento de indefensión ante a soidade, os seres fantásticos de tradición popular…

O pequeno cóntalle ao Robot o pesadelo daquela noite, e Mr. Robot, consciente do seu desasosego, comeza a facerlle preguntas e a pescudar cales son as súa inquedanzas e, despois, animalo para enfrontarse aos seus medos que o axuden a superalos.Esta historia está baseada nas experiencias e conversacións reais que Lucas e o seu pai manteñen habitualmente. O seu pai decidiu escribir e ilustrar este libro para regalarllo ao seu fillo. É un exercicio para tentar axudar ao neno para verse desde fóra plasmado nunha historia e que isto poida servirlle de estímulo para superar os seus temores mais frecuentes.

O medo a escuridade e un medo ancestral, e como emoción universal se experimenta xeración tras xeración. Quen sabe, quizais outros nenos poidan sentirse identificados con esta pequena e sinxela historia e tamén a eles lles sirva de axuda. A Lucas e á o seu pai faríalles moi feliz que así fose



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías ou na tenda en liña da editorial.